NOTICIAS

Surfing Day en Malpica - 21 de Xuño

00-00-0000
O Surfing Day vaise celebrar en Malpica o día 21 de xuño, xa que o 20 son as festas de San Adrián. Este evento organizado pola xente de SilfoCamps ten como actividades:

Clases de surf 100% de balde
Concerto de música de "Fresquiños" a cargo de Mou
Sardiñada
Proxección dun video de surf en Malpica nos anos 80 no que aparecen surfeiros míticos como Painter, Perico e outros xunto con imaxes actuais de surf na Costa da Morte.
Segundo nos comentou José SilfoCamps: "O surfing day facémolo tamén, para que a xente de Malpica, se de conta que o surf leva moitos anos en Malpica e que ten a súa historia." Este evento vai ter lugar en 43 paises do planeta con 241 xuntanzas organizadas.